12/20/2007

VELADA DE NADAL

ACTUACIÓNS


1 FELICITACIÓN DO DIRECTOR

2 PREGÓN DE NADAL

3 POESÍA DE NADAL

4 ÓRGANO: NOITE DE PAZ
5 CARTA AO NENO XESÚS

6 TEATRO DE SOMBRAS: O REI DOS XUDEOS

7 ÓRGANO- SAXOFÓN: ALEGRE NADAL

12/13/2007

CONCURSO M.J.M


¡ANIMÁNDEVOS A PARTICIPAR!
Consultade as bases do concurso e deixande as vosas fotos en Direción.
Non por chegar ó fin vamos quedar últimos... ademáis será por cara...

Sácate unha foto só/a ou cos teus amigos/ás.
A foto ten que ter tema navideño e cunha sóla condición: poñer un careto do 15.
En cada lugar de orixe haberá un encargado/a que estará ao tanto das bases do concurso e que será o que publicará a fotografía no blog de cada lugar en caso de que os participantes non teñan conta propia para publicar.
Non valen fotos retocadas por ordenador.
Os monitores, profesores, catequistas, etc... poden participar, pero non entran a concurso.
O día 5 de xaneiro coincidindo coa visita de S M os Reies Magos de Oriente farase a votación como en Eurovisión: Cada lugar ten que elixir entre unha puntuación de 0 a 6 aos seus elixidos, sendo o 6 a máxima puntuación. Esta será publicada oficialmente no blog de cada lugar. Realizarase unha media entre as puntuacións obtidas da que sairá o gañador/a do concurso. a publicación da foto gañadora farase oficial no blog xeral de MJMCASTILLA: mjmcastilla.blogspot.com
O premio é sorpresa

EL M.J.M. de Verín, que acaba de nacer y que celebra por primera vez el Nacimiento de Jesús, en esta Navidad de 2007, os desea a todos una felices Fiestas.
O M.X.M de Verín, que acaba de nacer este Nadal de 2007 e que celebra por primeira vez o Nacemento de Xesús, neste Nadal de 2007, deséxavos a todos unhas felices Festas.

12/11/2007

BO NADAL






MENSAXE DOS NENOS AOS PAIS EN NADAL
Non levamos os nenos palabras importantes; para dicir verdades que inundan os nosos peitos; non levamos os anos da vida na garganta sinxelamente non levamos o madeiro balorecido polos anos; nin as mans calosas do traballo de labranza.
Somos no mundo a bruma que se achega en distancia, e teñen os nosos ollos tan só pupilas de esperanza. Son os nosos brazos gallos non nacidos e teñen os nosos pasos tremores e medos ao camiño.
Sabemos que, indefensos,nos levan da man os nosos pais, sabemos que en inverno, arroupan os nosos corpos cos seus brazos quentes como o lume, e espantan o noso frío.
Temos aínda cuberta de inxenuidade a alma porque non hai sangue nos seus ollos, nin odio, nin vinganza; e teñen as nosas carnes aínda pulmón sen voo, e levan os nosos ollos mirada de lontananza.
Corremos polas rúas do pobo coñecidas; rompemos as lámpadas con tirafondas a pedradas; resgamos os vestidos trepando trepando polas árbores brunidas.
Mírannos os maiores. Suspiran morriñas e din, murmurando: ¡ Quen fose como eles! Os nenos sabémolo. Queren que no xogo nos miren os maiores, simulan que non miran, e deixen a nosa danza.
Levamos nos brazos pombas construídas, que son os vosos abrazos, e son as vosas miradas.
Temos co vento un pacto, que se chaman: Pacto de sangue, leva a esperanza.
Non levamos os nenos palabras importantes para dicir verdadeiros que inundan os nosos peitos. É verdade.
Pero somos estrelas que orientan as vosas naves que dan sucos ao vento e froito ás vosas vidas.
Queremos dar un bico ao ceo nos nosos pais, contarlles o oído segredos de animais: de lobos que nos falan de paz e non de guerra, de plantas que descobren segredos abismais, e abrirlles nos seus ollos as portas que xa un día tivesen sen ferrollos, abertas e sen chaves; e entrarlles polos mundos que nos falan de rosas sen espiñas de choros que non existen, e abrirlles o camiño de novas ilusións.
É verdade, os nenos non levan palabras importantes para dicir verdades que inundan os nosos peitos.

CALENDARIO DECEMBRO

DÍA 17 Entrega de notas aos titores correspondentes

DÍA 18 Reunión do equipo de avaliación do primeiro ciclo. Hora 9:00

DÍA 19 Reunión do equipo de avaliación do segundo ciclo. Hora 9:00

DÍA 20 Pasar nota aos boletins – Pola mañá clase – Pola tarde Velada
para os alumnos no salon de actos

DÍA 21 10:30 Eucaristia -Ás 12:30 entreganse as notas aos alumnos

DÍA 8 Xaneiro Reanúdanse as actividades lectivas.

12/03/2007

VISITA Ó HOSPITAL




POR: CLAUDIO MÁXIMO SAN MARTINO, alumno de 2º de E.S.O.

Recibiunos o doctor, Fernando Serrulla, que é o director do laboratorio.
A través dun vídeo, explicounos como se realizaba o seu traballo, detenidamente, contounos, como facían para averiguar onde estaban os cadáveres, a través dun parato específico, que identifica restos óseos.
Ó remantar o vídeo, mostrounos un esqueleto humán, explicando as diferenzas, entre un home e unha muller, idade, altura e causas polas que morreu.
Logo pasamos á sala de autopsias e explicounos como a través dunha autopsia atoparon a causa da morte dun home.
Ó fin de todo, mostrounos un aparato de raios ultravioletas que podían detectar restos orgánicos, como seme, saliva... . O que me fixo moita gracia, foi cando nos alumbrou cos raios ós dentes, e se volveron brancos coma a neve e parecíamos vampiros.

11/29/2007

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DA TARDE











PEQUENINOS Vs XENTE NOVA

DOUS EQUIPOS, UN GRUPO DE AMIGOS

11/27/2007

Grazas a todos

No MJM de Verín, "Xente Nova", estamos recibindo moitas FELICITACIÓNS E SAÚDOS DE BENVIDA, por incorporarnos ó MJM. Estamos nacendo todavía pero pola acollida que estamos tendo por parte de todos, especialmente de Ferrol e Sarria, imos crecer máis deprisa que os " fantoches pequeñitos"...ilusións e ganas non nos faltan.

Grazas, moitas grazas sarrianos e ferroláns

En Verín tedes a vosa casa.

11/25/2007

11/21/2007

XENTE NOVA





O grupo musical, " Xente Nova", do Colexio da Mercé de Verín, sen deixar de ser o que era, incorpórase ao M.J.M. ( Movimiento juvenil Mercedario) e propónse participar das súas inquedanzas, preocupacións e actividades, en sintonía cos de Sarria e Ferrol.
Unha das súas actividades máis representativas será a animación musical da Eucaristía de 12:30 hrs, tódolos derradeiros domingos de cada mes, en colaboración coa O.T ( Orden tercera)

COÑECES OS TEUS DEREITOS?


PODES INFORMARTE MÁIS SOBRE ESTE E MÁIS TEMAS EN:


20 de Novembro 18 aniversario dos Dereitos do Neno


11/14/2007

CONFLICTO HEMISFERIOS CEREBRAIS


Próximos exames

Próximos exames de 3º:
_Bioloxía: luns 19 de novembro Tema 2
_Plástica: xoves 15 de novembro Temas 1-2 Recuperación
Próximos exames de 4º:
_Plástica: venres 16 de novembro Tema 2
Última actualización: 14/11/07

11/07/2007

Magosto

Un magosto es una fiesta tradicional gallega celebrada en el mes de noviembre cuyos elementos pricipales son la castaña y el fuego.
Una vez hay brasas, se coloca sobre ellas un cilindro metálico con agujeros en su base, llamado tambor, en el que se extienden las castañas a las que previamente se les ha realizado un corte en un extremo para que no salten o exploten. Una vez asadas se pelan y se comen.
Es común tiznarse la cara con los restos de la hoguera, ya que trae suerte.
Hay varias teorías sobre el origen del término Magosto: Magnus Ustus (gran fuego) o Magum Ustum (resaltando el carácter mágico del fuego).
Fiestas hermanas a la del magosto son la fiesta de gaztañarre en el País Vasco, el maguestu en Asturias, la magosta en Cantabria, la castanyada en Cataluña y la chiquitía, chaquetía, calvochá o magosto (llamada en algunos lugares igual que en Galicia) en Extremadura. También se conoce como magosto el asado de castañas en la región de El Bierzo (Castilla y León).

10/17/2007

BATALLA EN KRUGER

Unha interesante batalla, chea de sorpresas.... e un animal con moita sorte.

10/10/2007

HORARIO ORIENTADORA CURSO 2007-2008


LUNES: 9:50 - 13 HORAS

JUEVES: 9:00- 10 HORAS

15:30 - 16:20 HORAS

Comunicado do Director

Sede benvidos ó Portal do Colexio Mercedario de Verín,situado no centro da vila á beira do Támega e ó amparo do castelo de Monterrei.Somos un colexio pequeno pero cheo de ilusións e proxectos.
Vivimos na época das novas Tecnoloxías da información e comunicación. Que o noso recén estreado portal nos sirva a todos como medio de comunicación para un mellor entendemento e diálogo entre toda a comunidade educativa e a sociedade.
Quero, en primeiro lugar, ser portavoz de tódolos que formamos esta Comunidade Educativa do colexio, trasmitirvos da súa parte cun afectuoso saúdo; profesores e alumnos poñeremos o noso inxeño e creatividade ó servicio de todos.
A educación é unha das mellores versións inversións do "futuro" que poderemos ofrecer á nosa sociedade.
A educación memorística estancada na transmisión de contidos non axuda a asumir con madurez o futuro da grande cantidade de homes e mulleres. A sociedade actual preséntanos novos retos. Hoxe demándasenos unha escola insertada na vida e que eduque nos valores. Os nenos e os xóvenes necesitan instrumentos útiles para enfrentarse á vida e ós desafíos, pois a postmodernidade quere facernos crer que todo da igual: "nada é certo, todo é posible".
O noso ideario do centro quere ser cauce da comunicación dos valores cristiáns e Mercedarios sobre os que se asentan aínda hoxe na nosa civilización occidental.
Quen teña valores (principios), será capaz de afrontar a vida, nos seus triunfos e nos seus fracasos con máis garantía de éxito. Pablo VI decía "rematou o tempo dos mestres está chegando o tempo dos testigos".
Nesta tarefa non sobra ninguén e somos necesarios todos, profesores, pais e sobre todo os alumnos traballando en colaboración, para levar a bo porto o Proxecto da vosa propia formación.
Polo tanto ánimo e de antemán a miña felicitación e agradecemento a todos. De modo especial ó profesor Manuel Alonso que foi o artífice deste Portal.
A todos os navegantes un cordial saúdo.

P. José Camilo Rodríguez. Director

10/03/2007

Actividades complementarias


Neste mércores día 3 de outubro comezamos as actividades complementarías do colexio da merced.As actividades son:
_Clases de reforzo
_Coro
_Teatro
_Mantemento da blog
Grupo da blog:
_Emilio
_Manuel
_Denis
_Marcos
_Ramón
_Miguel
_Fernando
_Héctor

9/19/2007


COMEZA O CURSO 2007/ 08

BENVIDOS E MOITO ÁNIMO

9/11/2007


BENVIDOS Ó INICIO DO CURSO 2007/ 08.
A POUCO MAÍS DE UNHA SEMANA, E Á ESPERA DE COMPLETAR A INFORMACIÓN DE HORARIOS, TITORÍAS ETC..., DÉIXOVOS UNHA REFLEXIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN:
"A EDUCACIÓN É UNHA ARMA. É A FERRAMENTA , MÁIS PODEROSA QUE DEBEMOS EMPREGAR PARA CAMBIAR O MUNDO".
N. MANDELA Premio Nobel da Paz en 1993
SE QUERES SABER MÁIS SOBRE EL PODES EMPEZAR POR:http://es.wikipedia.org/wiki/Nelson_Mandela

9/03/2007

Solemne Novena a Nosa Santísima Nai


Do 16 ó 24 de Setembro


Mañá: Eucaristía e Novena. 8:30, 10:00 hras

Tarde: Rosario( 19:40), Eucaristía e Novena, 20:00 hras


Día 23: Solemne Vixília

22:45 hras Peregrinaxe Popular, desde a Residencia de anciáns á Igrexa

00:00 hras Misa de Medianoite


Día 24 FESTA DA MERCÉ.


Mañá: 8:30, 10:00, 11:00, 12:30 hras

Tarde: Novena, Eucaristía e Procesión: 19: 30 hras

8/31/2007

EXAMES DE SETEMBRO



COMEZAN OS EXAMES DE SETEMBRO

DÍA 3


MATEMÁTICAS 9-10:30

CC SOCIAIS. XEOGRAF/HISTORIA 11-12:30

RELIXIÓN 13:00

DÍA 4

FÍS/QUIMI/BIO/XEO. CC.NATURAIS 9-10:30

INGLÉS/FRANCÉS 11-12:30

TECNO/PLÁSTICA 13:00


DÍA 5

LÍNGUA CASTELÁ 9-10:30

LÍNGUA GALEGA 11-12:30

MÚSICA/ TEC EXPR ESCRITA 13:00

DÍA 7 DE SETEMBRO
ENTREGA DE NOTAS ÁS 10:30 HRS