2/27/2008

Stop Cuaresmal


Avanza a Cuaresma, 3ª semana xa, e deberíamos preguntarnos se avanzamos nós ó ritmo que propuxeramos o Mércores de Cinsa. ¿Seguen en pé os compromisos contraídos?.- Se hai decaemento, se nos invita a repensar a nosa situación, e reemprender a marcha co paso firme e decidido.- Xa sabemos que a Xesús non lle gustan as cousas a medias. O que volve a vista atrás non é apto para o reino dos ceos. No Evanxeo non hai cabida para os cobrados. Só é boa noticia para os valentes e esforzados.
Así que, moito ánimo, e a prepararnos ben para a Pascua, que é a Festa da Resurreción da vida, do gozo e da alegría...
Dita preparación pasa por devoralos libros, abrazarse á orde e á disciplina, dedicar cada cousa ó seu tempo, valorar o silencio, a concentración, o sacrificio, a oración, o compañeirismo, o perdón... e axudar a Xesús a levar a cruz dos que sufren...
Pedímosllo á Virxe María coa Ave María...

ACTUACIÓN MUSICAL


O GRUPO XENTE NOVA, DO COLEXIO MERCEDARIO DE VERÍN PARTICIPARÁ NA EUCARISTÍA, DO DÍA 9 DE MARZO, ÁS 12:30 HRS.
¡ESTADES TODOS CONVIDADOS!

2/20/2008

MÁIS QUE AUGA


Os alumnos de terceiro de ESO foron a ver unha exposición sobre a auga, que ten como obxectivo poñer de relevo a importancia que ten a auga no medio e a súa necesidade para a vida de animais, plantas e seres humanos. Nela expoñíanse diversas fotos, sobre a relación dos seres vivos coa auga e a importancia do seu uso. Algunhas desas fotos trataban sobre a contaminación que os seres humanos exercen sobre a auga e o que hai que facer para evitalo.

Tirso


2/18/2008

2/07/2008

XA QUEDA MENOS

Xa queda un pouco menos, para un novo Entroido, para que volva a Festa, con maiúsculas, e un pouco menos tamén, para que o P. Elisardo se anime tamén a coller as chocas, este ano non se animou a sair da porta...quizais o próximo




ADEUS ENTROIDO

Pasou Santo Antón, pasou o Entroido e, en breve pasará o Lázaro...
Toda pasa, e todo queda, pero o noso é pasar, pasar facendo camiño....

Pero, ¿qué nos queda das festas que van pasando?, ¿ Soamente a RESACA?, Mal asunto se só hai desgaste...Se non fixemos camiños de amizade, de encontro, de realización persoal... se non renovamos ilusións e enerxías para frear o cansancio e a monotonía da vida ordinaria...
¡¡¡ Pobres festas se non cumpren estes obxectivos!!!
De calquera xeito, xa asoma no Hourizonte outra FESTA. A 2ª Avaliación. Pero esta supón un maior esforzo de preparación. Recórdanolo a Cuaresma, que estamos a escomenzar, e que nos chama á austeridade, ó sacrificio, á penitencia, ó traballo sen desmaio....
Así que mans á obra, desde este momento.
É un desexo do M.J.M, Faino teu e poderás botar foguetes a mediados de Marzo, coma anticipo da Festa de Fin de Curso.