10/29/2008

Excursión ao Pazo de Fontefiz



O día 27 de outubro fomos de excursión ao Pazo de Fontefiz os alumnos de 3º e 4º de ESO e algúns profesores.
O Pazo está no concello de Coles, na provincia de Ourense. Alí vimos porcos celtas, vacas, carneiros, galiñas de Mos, un cabalo de raza pura galega e as magníficas instalacións do Pazo. O tempo non favoreceu a visita pero foi moi interesante.


10/15/2008

Calendario Gregoriano


Gregorio XIII
O calendario gregoriano é un calendario orixinario de Europa, actualmente utilizado de maneira oficial na maioría dos países. Así denominado por ser o seu promotor o Papa Gregorio XIII, veu a substituir en 1582

ó calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurase no ano 46 a.C.

15 de octubre


Teresa de Cepeda y Ahumada (Ávila , España, 28 de marzo de 1515 – Alba de Tormes, 15 de outubro de 1582) relixiosa, Doutora da Igrexa Católica, mística e escritora española; fundadora das carmelitas descalzas, rama da Orde da Nosa Señora do Monte Carmelo (ou carmelitas). Tamén é coñecida polo nome de Santa Teresa de Xesús ou simplemente Santa Teresa de Ávila.

10/01/2008

Benvidos ao novo curso

Empezamos este novo curso con moita ilusión e con ganas de sacar moi boas notas.

Neste ano incorporáronse ao grupo da blog:

-Hugo

-Marcos

-Pablo

E máis os que estabamos o curso pasado:

-Héctor

-Emilio

-Marcos

-Fernando

Tamén nos axuda o noso profesor Manuel.