12/16/2008

BO NADAL




De parte de tódolos membros do Colexio, da Comunidade Mercedaria, dos membros do Claustro, queremos desexárvos, unhas Felices Festas, na compaña das vosas familias. Que o que sementou recolla agora, e o que non, que cambie para o vindeiro ano. Novo ano. Nova cor.

12/10/2008

FIN DE SEMANA AFASTADO DE MONTERREI


Prometemos contalo e o prometido é deuda.

Pasámolo guai no Encontro xuvenil mercedario de Valladolid, os días 28-30 de novembro.

Para comezar: viaxe con néboa e neve. A néboa, un tostón; a neve mola un montón.

Fomos os primeiros en chegar dos de Galicia. Esperábannos os de Valladolid e deseguido saímos a dar un xiro polo barrio. Os de Sarria e Ferrol, viaxaban xuntos, chegaron con retraso. Cena e festa, para comezar. ¿Que pasou a noite do venres, que todos a recordan con agrado?.- O sábado, o plato forte. Pola mañá: talleres variados, a cada cal máis entretido e interesante.- Pola tarde: visita á zona monumental da cidade... e entre tantos monumentos, o Corte Inglés... Á noite, despois de cear, xogos no campo, á luz das estrelas, acariciado polo frío...

Do domingo, destacamos a Eucaristía co protagonismo especial para os nenos e catequistas; moitos e bonitos símbolos, ofrendas especiais e cantos a ritmo xuventude. Boa forma de comezar o Advento, a preparación para o Nadal.

O peor, a despedida despois de comer. Sempre son tristes as despedidas. Alegrounos a neve ó chegar a Sanabria e sobre todo ó Navallo.

12/03/2008

ENCONTRO XUVENIL MERCEDARIO



Novembro, "dichoso mes que empeza por Santos e acaba con San Andrés", ten para algúns despedida especial. Nada menos que, ó lado do Pisuerga, en Valladolid. Alá se nos vai un grupo do M.J.M-Xente Nova: Alejandro, Villarino, Rafael, Gonzalo, Denis, David y Carlos, acompañados por o P. Camilo e Elisardo. Van para participar nun Encontro Xuvenil, en convivencia cos de Sarria, Ferrol e Valladolid. E van, como dice a convocatoria, con ganas de pasalo ben e reflexionar. Fin de semana e de mes fóra do habitual, todo un luxo. Contaránolo á volta.