2/11/2009

ENTROIDO 2009

Mañá comezan as festas do Entroido de Verín, cita obrigada dentro do panorama cultural e turístico da provincia de Ourense, e como costume popular, que sorprende nun principio ao visitante, este pronto pasará de ser un mero espectador a participar de cheo neste gran evento popular, e é por esta razón pola que queremos convidarvos a gozar desta festa ancestral.
Días máis importantes do Entroido de Verín:

-día 12: xoves de compadres

-día 15: domingo de corredoiro

-día 19: xoves de comadres

-día 22: domingo de Entroido

-día 24: martes de Entroido

-día 25: mércores de cinsa


2/04/2009

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

O cancro é unha das principais causas de mortandade en todo o mundo. A OMS calcula que, de non mediar intervención algunha, 84 millóns de persoas morrerán de cancro entre 2005 y 2015. Cada 4 de febreiro, a OMS fai frente común coa Unión Internacional contra o Cancro e, co patrocinio desta, promove medios para aliviar a carga mundial da enfermidade. A prevención do cancro e o aumento da calidade de vida dos enfermos son temas recurrentes.