10/10/2007

Comunicado do Director

Sede benvidos ó Portal do Colexio Mercedario de Verín,situado no centro da vila á beira do Támega e ó amparo do castelo de Monterrei.Somos un colexio pequeno pero cheo de ilusións e proxectos.
Vivimos na época das novas Tecnoloxías da información e comunicación. Que o noso recén estreado portal nos sirva a todos como medio de comunicación para un mellor entendemento e diálogo entre toda a comunidade educativa e a sociedade.
Quero, en primeiro lugar, ser portavoz de tódolos que formamos esta Comunidade Educativa do colexio, trasmitirvos da súa parte cun afectuoso saúdo; profesores e alumnos poñeremos o noso inxeño e creatividade ó servicio de todos.
A educación é unha das mellores versións inversións do "futuro" que poderemos ofrecer á nosa sociedade.
A educación memorística estancada na transmisión de contidos non axuda a asumir con madurez o futuro da grande cantidade de homes e mulleres. A sociedade actual preséntanos novos retos. Hoxe demándasenos unha escola insertada na vida e que eduque nos valores. Os nenos e os xóvenes necesitan instrumentos útiles para enfrentarse á vida e ós desafíos, pois a postmodernidade quere facernos crer que todo da igual: "nada é certo, todo é posible".
O noso ideario do centro quere ser cauce da comunicación dos valores cristiáns e Mercedarios sobre os que se asentan aínda hoxe na nosa civilización occidental.
Quen teña valores (principios), será capaz de afrontar a vida, nos seus triunfos e nos seus fracasos con máis garantía de éxito. Pablo VI decía "rematou o tempo dos mestres está chegando o tempo dos testigos".
Nesta tarefa non sobra ninguén e somos necesarios todos, profesores, pais e sobre todo os alumnos traballando en colaboración, para levar a bo porto o Proxecto da vosa propia formación.
Polo tanto ánimo e de antemán a miña felicitación e agradecemento a todos. De modo especial ó profesor Manuel Alonso que foi o artífice deste Portal.
A todos os navegantes un cordial saúdo.

P. José Camilo Rodríguez. Director

10/03/2007

Actividades complementarias


Neste mércores día 3 de outubro comezamos as actividades complementarías do colexio da merced.As actividades son:
_Clases de reforzo
_Coro
_Teatro
_Mantemento da blog
Grupo da blog:
_Emilio
_Manuel
_Denis
_Marcos
_Ramón
_Miguel
_Fernando
_Héctor

9/19/2007


COMEZA O CURSO 2007/ 08

BENVIDOS E MOITO ÁNIMO

9/11/2007


BENVIDOS Ó INICIO DO CURSO 2007/ 08.
A POUCO MAÍS DE UNHA SEMANA, E Á ESPERA DE COMPLETAR A INFORMACIÓN DE HORARIOS, TITORÍAS ETC..., DÉIXOVOS UNHA REFLEXIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN:
"A EDUCACIÓN É UNHA ARMA. É A FERRAMENTA , MÁIS PODEROSA QUE DEBEMOS EMPREGAR PARA CAMBIAR O MUNDO".
N. MANDELA Premio Nobel da Paz en 1993
SE QUERES SABER MÁIS SOBRE EL PODES EMPEZAR POR:http://es.wikipedia.org/wiki/Nelson_Mandela

9/03/2007

Solemne Novena a Nosa Santísima Nai


Do 16 ó 24 de Setembro


Mañá: Eucaristía e Novena. 8:30, 10:00 hras

Tarde: Rosario( 19:40), Eucaristía e Novena, 20:00 hras


Día 23: Solemne Vixília

22:45 hras Peregrinaxe Popular, desde a Residencia de anciáns á Igrexa

00:00 hras Misa de Medianoite


Día 24 FESTA DA MERCÉ.


Mañá: 8:30, 10:00, 11:00, 12:30 hras

Tarde: Novena, Eucaristía e Procesión: 19: 30 hras