3/09/2008

GRANDE ESTREA





No medio de unha grande expectación e afluencia de fieis, vimos unha posta de largo expectacular do MJM Xente Nova de Verín, que ademáis de ir moi elegantes, demostraron que todos os días de esforzo e preparación mereceron a pena.
Foi unha actuación espectacular.



¡Noraboa a todos!

3/05/2008

¡Feliz cumpleanos!



XANEIRO:

día 6-Andrés González Besteiro
día 18-Sergio Dapoza López

FEBREIRO:

día 7-Héctor Rodríguez Salgado
día 7-Ramón Cendón García

MARZO
día 6- Alejandro Gallego Santamarina
día 13- Adrián García


O LÁZARO QUE VEN....


A Semana Santa está ahí, á volta da esquina. " Lázaro, Ramos e en pascua estamos", reza o dito popular.
DOMINGO DE LÁZARO. ¡Cantas resonancias en Verín!. Que o digan os avós....
Festa vida a menos, pero festa o fín e o cab, e o MJM-Xente Nova, está de estrea na
Misa de 12:30 e anima musicalmente a Litúrxia iniciando así unha nova etapa que lle dará continuidade ós derradeiros domingos de cada mes.

E, para que a Semana Santa non empece con resaca, o Luns e o Martes, CONVIVENCIAS cuaresmais. Volve o P.Santi desde Valladolid.
E....a colleita da 2ª Avaliación; se é boa, celébrao...se é mala, non te desanimes, aínda quedan posibilidades. En PASCUA florecen as ilusións

2/27/2008

Stop Cuaresmal


Avanza a Cuaresma, 3ª semana xa, e deberíamos preguntarnos se avanzamos nós ó ritmo que propuxeramos o Mércores de Cinsa. ¿Seguen en pé os compromisos contraídos?.- Se hai decaemento, se nos invita a repensar a nosa situación, e reemprender a marcha co paso firme e decidido.- Xa sabemos que a Xesús non lle gustan as cousas a medias. O que volve a vista atrás non é apto para o reino dos ceos. No Evanxeo non hai cabida para os cobrados. Só é boa noticia para os valentes e esforzados.
Así que, moito ánimo, e a prepararnos ben para a Pascua, que é a Festa da Resurreción da vida, do gozo e da alegría...
Dita preparación pasa por devoralos libros, abrazarse á orde e á disciplina, dedicar cada cousa ó seu tempo, valorar o silencio, a concentración, o sacrificio, a oración, o compañeirismo, o perdón... e axudar a Xesús a levar a cruz dos que sufren...
Pedímosllo á Virxe María coa Ave María...

ACTUACIÓN MUSICAL


O GRUPO XENTE NOVA, DO COLEXIO MERCEDARIO DE VERÍN PARTICIPARÁ NA EUCARISTÍA, DO DÍA 9 DE MARZO, ÁS 12:30 HRS.
¡ESTADES TODOS CONVIDADOS!