11/12/2008

San Martiño

O San Martiño, o día 11 de Novembro, marca en certo xeito a entrada no inverno. E, tradicionalmente, o Dia dos Magostos. Tamén marca o arranque das matanzas caseiras do porco, un ritual moi arraigado na Galicia rural e que agora volve a ter pulo.
De ahí o dito popular:
"A todo porco lle chega o seu San Martiño"
Anque o día propio é o 11 de novembro a matanza, para comodidade de todos, adóitase facer calquera sábado a partir desa data, sempre que sexa tempo de frío ou xeadas e a lúa estea en cuarto minguante (coa lúa chea os xamóns collen cismas ou o que se soe chamar "bicho").

10/29/2008

Excursión ao Pazo de Fontefiz



O día 27 de outubro fomos de excursión ao Pazo de Fontefiz os alumnos de 3º e 4º de ESO e algúns profesores.
O Pazo está no concello de Coles, na provincia de Ourense. Alí vimos porcos celtas, vacas, carneiros, galiñas de Mos, un cabalo de raza pura galega e as magníficas instalacións do Pazo. O tempo non favoreceu a visita pero foi moi interesante.


10/15/2008

Calendario Gregoriano


Gregorio XIII
O calendario gregoriano é un calendario orixinario de Europa, actualmente utilizado de maneira oficial na maioría dos países. Así denominado por ser o seu promotor o Papa Gregorio XIII, veu a substituir en 1582

ó calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurase no ano 46 a.C.

15 de octubre


Teresa de Cepeda y Ahumada (Ávila , España, 28 de marzo de 1515 – Alba de Tormes, 15 de outubro de 1582) relixiosa, Doutora da Igrexa Católica, mística e escritora española; fundadora das carmelitas descalzas, rama da Orde da Nosa Señora do Monte Carmelo (ou carmelitas). Tamén é coñecida polo nome de Santa Teresa de Xesús ou simplemente Santa Teresa de Ávila.

10/01/2008

Benvidos ao novo curso

Empezamos este novo curso con moita ilusión e con ganas de sacar moi boas notas.

Neste ano incorporáronse ao grupo da blog:

-Hugo

-Marcos

-Pablo

E máis os que estabamos o curso pasado:

-Héctor

-Emilio

-Marcos

-Fernando

Tamén nos axuda o noso profesor Manuel.


7/22/2008

VISITA VIRTUAL

Como estamos no verán, é boa época para facer turismo e achegarnos ós lugares de interese. Se tes tempo o ideal é vir en persoa, pero se non é o caso, achégate virtualmente:
Visita o noso claustro, nunha panorámica de 360º neste enlace:


http://www.cidadesdixitais.org/microsite/verin/panoramicas/360_claustromerced/claustro.html
Ou a nosa praza:

http://www.cidadesdixitais.org/microsite/verin/panoramicas/360_plaza_merced/merced02.html