2/18/2009
2/11/2009
ENTROIDO 2009
Mañá comezan as festas do Entroido de Verín, cita obrigada dentro do panorama cultural e turístico da provincia de Ourense, e como costume popular, que sorprende nun principio ao visitante, este pronto pasará de ser un mero espectador a participar de cheo neste gran evento popular, e é por esta razón pola que queremos convidarvos a gozar desta festa ancestral.
Días máis importantes do Entroido de Verín:
-día 12: xoves de compadres
-día 15: domingo de corredoiro
-día 19: xoves de comadres
-día 22: domingo de Entroido
-día 24: martes de Entroido
-día 25: mércores de cinsa

2/04/2009
DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
O cancro é unha das principais causas de mortandade en todo o mundo. A OMS calcula que, de non mediar intervención algunha, 84 millóns de persoas morrerán de cancro entre 2005 y 2015. Cada 4 de febreiro, a OMS fai frente común coa Unión Internacional contra o Cancro e, co patrocinio desta, promove medios para aliviar a carga mundial da enfermidade. A prevención do cancro e o aumento da calidade de vida dos enfermos son temas recurrentes.
1/28/2009
DIA DA PAZ
O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz.
Que ninguén se faga ilusións de que a sinxela ausencia de guerra, aínda sendo tan desexada, sexa sinónimo dunha paz verdadeira. Non hai verdadeira paz se non ven acompañada de equidade, verdade, xusticia, e solidariedade.
Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
1/21/2009
SAN ANTÓN 2009
O día 17 de xaneiro celebrouse o famoso día de San Antón, no que se asan chourizos e se pasa o día no monte. Tamén se celebrou unha misa en honra a San Antón.
1/14/2009
Feliz ano 2009
Despois das vacacións de Nadal esperamos que este segundo trimestre sexa mellor que o anterior e que collamos a avaliación con interese.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


