4/28/2009
4/22/2009
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO
O Día Internacional do Libro é unha conmemoración aos libros e aos dereitos de autor, promulgado pola Unesco e pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Celébrase cada 23 de abril dende 1996 en varios países, sendo en 2008 máis dun centenar.
En varios países de fala castelá, como Cuba, celébrase este día como o Día do idioma, diferente do Día Internacional da lengua materna celebrado o 21 de febreiro.
A partir de 2008, Ámsterdam substitúe a Bogotá como "Capital Mundial do Libro".

4/06/2009
3/25/2009
DE CAMIÑO CARA A PASCUA
Avanza o curso, avanza a cuaresma... O próximo fin de semana: San Lázaro. E xa se sabe: "Lázaro, Ramos, en Pascuas estamos". Sen tempo para o aburrimento nin para a distracción académica. Máis ben, tempo para o sacrificio, o esforzo, a reflexión, a mirada cara a Cruz de Xesús, camiño do calvario, pero con vistas á Resurrección, á Pascua florida. Queda atrás o inverno, pero non hai flores nin froitos sen poda nin caída de follas. Como tampouco hai boas notas sen apertar os codos.
Dende a óptica cristiá non hai tempo mellor que a Cuaresma para volver sobre nós mesmos, encontrámonos con Deus e cos demáis, e recuperar o tempo perdido. ¿Non che entusiasma camiñar de prisa cara a Pascua Florida, sen olvidar que estamos en Cuaresma, a pesar dos días de primaveira que estamos vivindo?-Apura, que o tempo apremia e a 2ª Evaluación non espera.

3/18/2009
dia do pai

O día do pai é un día festivo para celebrar a paternidade e crianza por pais, como o Día da mai celebra a maternidade e a crianza materna. Vendedores minoristas promoven que se regalen ferramentas e outros regalos entendidos como masculinos nese día.
O día do pai ten orixe na antiga Babilonia, hai mais de 4 mil anos. Un mozo chamado Elmesu moldeou e esculpiu en arxila o primeiro cartón. Desexava sorte, saúde e longa vida a seu pai.
3/11/2009
11M
Os atentados do 11 de marzo de 2004, tamén conocidos como 11-M, foron unha serie de ataques terroristas en catro trens da rede de Cercanías de Madrid. A sentencia da Audiencia Nacional atribuiu a súa autoría a membros de células os grupos terroristas.
Trátase do maior atentado cometido en España ata a data, con 10 explosións case simultáneas en catro trens á hora punta da mañá (entre as 07.36 e as 07.40). Máis tarde, tras un intento de desactivación, a policía detonaría, de forma controlada, dous artefactos que non estalaran, desactivando un terceiro que permitira, grazas ó seu contido, iniciar as primeras pesquisas que conducirían á identificación dos autores. Faleceron 191 persoas, e 1858 resultaron feridas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)