10/10/2007

Comunicado do Director

Sede benvidos ó Portal do Colexio Mercedario de Verín,situado no centro da vila á beira do Támega e ó amparo do castelo de Monterrei.Somos un colexio pequeno pero cheo de ilusións e proxectos.
Vivimos na época das novas Tecnoloxías da información e comunicación. Que o noso recén estreado portal nos sirva a todos como medio de comunicación para un mellor entendemento e diálogo entre toda a comunidade educativa e a sociedade.
Quero, en primeiro lugar, ser portavoz de tódolos que formamos esta Comunidade Educativa do colexio, trasmitirvos da súa parte cun afectuoso saúdo; profesores e alumnos poñeremos o noso inxeño e creatividade ó servicio de todos.
A educación é unha das mellores versións inversións do "futuro" que poderemos ofrecer á nosa sociedade.
A educación memorística estancada na transmisión de contidos non axuda a asumir con madurez o futuro da grande cantidade de homes e mulleres. A sociedade actual preséntanos novos retos. Hoxe demándasenos unha escola insertada na vida e que eduque nos valores. Os nenos e os xóvenes necesitan instrumentos útiles para enfrentarse á vida e ós desafíos, pois a postmodernidade quere facernos crer que todo da igual: "nada é certo, todo é posible".
O noso ideario do centro quere ser cauce da comunicación dos valores cristiáns e Mercedarios sobre os que se asentan aínda hoxe na nosa civilización occidental.
Quen teña valores (principios), será capaz de afrontar a vida, nos seus triunfos e nos seus fracasos con máis garantía de éxito. Pablo VI decía "rematou o tempo dos mestres está chegando o tempo dos testigos".
Nesta tarefa non sobra ninguén e somos necesarios todos, profesores, pais e sobre todo os alumnos traballando en colaboración, para levar a bo porto o Proxecto da vosa propia formación.
Polo tanto ánimo e de antemán a miña felicitación e agradecemento a todos. De modo especial ó profesor Manuel Alonso que foi o artífice deste Portal.
A todos os navegantes un cordial saúdo.

P. José Camilo Rodríguez. Director

No hay comentarios: