12/16/2008

BO NADAL




De parte de tódolos membros do Colexio, da Comunidade Mercedaria, dos membros do Claustro, queremos desexárvos, unhas Felices Festas, na compaña das vosas familias. Que o que sementou recolla agora, e o que non, que cambie para o vindeiro ano. Novo ano. Nova cor.

12/10/2008

FIN DE SEMANA AFASTADO DE MONTERREI


Prometemos contalo e o prometido é deuda.

Pasámolo guai no Encontro xuvenil mercedario de Valladolid, os días 28-30 de novembro.

Para comezar: viaxe con néboa e neve. A néboa, un tostón; a neve mola un montón.

Fomos os primeiros en chegar dos de Galicia. Esperábannos os de Valladolid e deseguido saímos a dar un xiro polo barrio. Os de Sarria e Ferrol, viaxaban xuntos, chegaron con retraso. Cena e festa, para comezar. ¿Que pasou a noite do venres, que todos a recordan con agrado?.- O sábado, o plato forte. Pola mañá: talleres variados, a cada cal máis entretido e interesante.- Pola tarde: visita á zona monumental da cidade... e entre tantos monumentos, o Corte Inglés... Á noite, despois de cear, xogos no campo, á luz das estrelas, acariciado polo frío...

Do domingo, destacamos a Eucaristía co protagonismo especial para os nenos e catequistas; moitos e bonitos símbolos, ofrendas especiais e cantos a ritmo xuventude. Boa forma de comezar o Advento, a preparación para o Nadal.

O peor, a despedida despois de comer. Sempre son tristes as despedidas. Alegrounos a neve ó chegar a Sanabria e sobre todo ó Navallo.

12/03/2008

ENCONTRO XUVENIL MERCEDARIO



Novembro, "dichoso mes que empeza por Santos e acaba con San Andrés", ten para algúns despedida especial. Nada menos que, ó lado do Pisuerga, en Valladolid. Alá se nos vai un grupo do M.J.M-Xente Nova: Alejandro, Villarino, Rafael, Gonzalo, Denis, David y Carlos, acompañados por o P. Camilo e Elisardo. Van para participar nun Encontro Xuvenil, en convivencia cos de Sarria, Ferrol e Valladolid. E van, como dice a convocatoria, con ganas de pasalo ben e reflexionar. Fin de semana e de mes fóra do habitual, todo un luxo. Contaránolo á volta.

11/26/2008

Violencia de xénero


25 de novembro, dia contra a Violencia de xénero.

11/20/2008

Pornografía infantil NO

20 de Novembro Día Universal do neno


Cerca de 1.000 blogs e portais web de Europa e Latinoamérica se sumaron nun mes á a iniciativa lanzada por La huella digital e Vagón bar. Todo o que queira sumarse, debe colgar o cartel e publicar un post o 20 de novembro.

11/19/2008

Excursión ao Pazo de Fontefiz

Os alumnos de 1º e 2º de ESO van mañá de excursión ao Pazo de Fontefiz. Esperamos que nos traian fotos para poñelas nesta blog e que teñan mellor día ca nós.

11/12/2008

San Martiño

O San Martiño, o día 11 de Novembro, marca en certo xeito a entrada no inverno. E, tradicionalmente, o Dia dos Magostos. Tamén marca o arranque das matanzas caseiras do porco, un ritual moi arraigado na Galicia rural e que agora volve a ter pulo.
De ahí o dito popular:
"A todo porco lle chega o seu San Martiño"
Anque o día propio é o 11 de novembro a matanza, para comodidade de todos, adóitase facer calquera sábado a partir desa data, sempre que sexa tempo de frío ou xeadas e a lúa estea en cuarto minguante (coa lúa chea os xamóns collen cismas ou o que se soe chamar "bicho").

10/29/2008

Excursión ao Pazo de Fontefiz



O día 27 de outubro fomos de excursión ao Pazo de Fontefiz os alumnos de 3º e 4º de ESO e algúns profesores.
O Pazo está no concello de Coles, na provincia de Ourense. Alí vimos porcos celtas, vacas, carneiros, galiñas de Mos, un cabalo de raza pura galega e as magníficas instalacións do Pazo. O tempo non favoreceu a visita pero foi moi interesante.


10/15/2008

Calendario Gregoriano


Gregorio XIII
O calendario gregoriano é un calendario orixinario de Europa, actualmente utilizado de maneira oficial na maioría dos países. Así denominado por ser o seu promotor o Papa Gregorio XIII, veu a substituir en 1582

ó calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurase no ano 46 a.C.

15 de octubre


Teresa de Cepeda y Ahumada (Ávila , España, 28 de marzo de 1515 – Alba de Tormes, 15 de outubro de 1582) relixiosa, Doutora da Igrexa Católica, mística e escritora española; fundadora das carmelitas descalzas, rama da Orde da Nosa Señora do Monte Carmelo (ou carmelitas). Tamén é coñecida polo nome de Santa Teresa de Xesús ou simplemente Santa Teresa de Ávila.

10/01/2008

Benvidos ao novo curso

Empezamos este novo curso con moita ilusión e con ganas de sacar moi boas notas.

Neste ano incorporáronse ao grupo da blog:

-Hugo

-Marcos

-Pablo

E máis os que estabamos o curso pasado:

-Héctor

-Emilio

-Marcos

-Fernando

Tamén nos axuda o noso profesor Manuel.


7/22/2008

VISITA VIRTUAL

Como estamos no verán, é boa época para facer turismo e achegarnos ós lugares de interese. Se tes tempo o ideal é vir en persoa, pero se non é o caso, achégate virtualmente:
Visita o noso claustro, nunha panorámica de 360º neste enlace:


http://www.cidadesdixitais.org/microsite/verin/panoramicas/360_claustromerced/claustro.html
Ou a nosa praza:

http://www.cidadesdixitais.org/microsite/verin/panoramicas/360_plaza_merced/merced02.html

6/20/2008

PROBAS DE SETEMBRO

DIA 1: 9-10:30 MATEMÁTICAS
11-12:30 CC SOCIAIS/ XEOGRAF/ HISTORIA


DÍA 2: 9-10:30 FIS-QUÍM/ XEOLO/CC NATURAIS
11-12:30 INGLÉS/FRANCÉS

DÍA 3: 9-10:30 LÍNGUA CASTELÁ
11-12:30 LÍNGUA GALEGA
13:00 CULTURA CLÁSICA

DÍA 4: 10:00 REUNIÓN DE PROFESORES

DÍA 5: 10:30 ENTREGA DE NOTAS

6/05/2008

5 de Xunio - Día Mundial do Medio Ambiente


O 15 de decembro de 1972, a Asamblea Xeral da ONU designou o cinco de Xunio como Día Mundial do Medio Ambente xa que, nesta data, se iniciou a conferencia sobre o Medio Humano, celebrada en Suecia. Vinte anos despois, a Asamblea Xeral convocou a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento (CNUMAD). Nesta ocasión, os gobernos se reuniron para tomar as decisións necesarias para levar a cabo os obxectivos da Conferencia de Estocolmo e para asumir o compromiso de acandar un futuro sostible para a Tierra

5/28/2008

Fin do curso

Chegou Xuño,chegou antes do que todos pensastes,xa vai rematar o curso, as notas asomanse perigosamente a volta da esquina, a algúns traeranlle ledicia e a outros penas,sexa como sexa o importante foi que todos aprendemos cousas neste curso e estamos capacitados para seguir no camiño educativo no caso dos que aproben e para recuperar no caso nos que non tiveron exito.Con este artigo despidese o grupo da blog, xa que non habera máis horas de actividades, un saúdo por parte dos seus membros que vos desexan un feliz verán

5/21/2008

Feliz cumpleanos


Martínez Diz Gerardo 03/06/08
Plata Rodríguez Álvaro 03/06/08
Martínez Garrido Bruno 16/06/08
Yela Peralta Jorge Enrique 21/06/08
Campos Fernández Héctor 25/06/08
Araujo Álvarez Alejandro 29/06/08
Fernández Valladares Carlos 29/06/08
Rodríguez Prieto Emilio Epifanio 30/06/08

5/14/2008

A.L.


Os obxectivos de Accion Liberadora.

Acadar en todos os pobos su autodesenvolvemento..
Loitar sin tregua contra a esclavitude.
Promover a liberdade das persoas e os pobos.

Nos colaboramos con accion liberadora apoiando o desenrolo de Yossufa Ouba un rapaz moi aplicado nos estudos e traballador e que intenta labrarse un futuro mellor.

Aproveitamos para felicitarlle o seu decimo aniversario.

Felicidades Yossufa!!!

5/07/2008

Feliz cumpleaños amigos


En esta entrada felicitaremos a los alumnos del colegio que tienen su cumpleaños en mayor.

Alvarez Martinez Marcos 05/05/08

Rodríguez Nieves Denis 09/05/08

Fernandez Pardo Manuel 14/05/08

Cabido Tarrazo Jose Carlos 15/05/08

González Garcia Brais 16/05/08

López López Alberto 17/05/08

Prieto Guerra Antón 18/05/08

Blanco De Jesús Daniel 24/05/08

Cabido Tarrazo Daniel 24/05/08

Fuentes Pérez Millan 28/05/08

5/06/2008


San Pedro Nolasco foi un mercader nado en Barcelona, España
En 1203 o laico San Pedro Nolasco iniciaba en Valencia a redención de cautivos, co seu propio patrimonio organiza expedicións para negociar redencións. A súa condición de comerciantes lles facilita a obra.
Comerciaban para rescatar escravos. Cuando se lles acabou o diñeiro forman grupos para recaudar a esmola para os cautivos.
Na noche do 1 ó 2 de agosto de 1218 se lle apareceu a Virxe pedíndolle que fundara unha orde que se dedicara á redención dos cautivos. Fundou entón a Orden de Nuestra Señora de la Merced o 10 de agosto de 1218, que, co consentimento de Jaime I de Aragón, quedou establecida.
O Papa Gregorio IX aprobou en 1235 dándolles a regra de San Agustín. Estaba composta por relixiosos y cabaleiros que recibiron a institución canónica do obispo de Barcelona e a investidura militar de Jaime I.
Os seus membros obrigábanse, por un cuarto voto, ao entregarse como rehenes para a liberación dos cautivos se non tiñan os cartos precisos para o seu rescate. Os mercedarios pronunciaban catro votos: pobreza, castidade, obediencia e, cuarto: estar dispostos a entregarse como rehenes se ese fora o único medio de cumprir coa súa promesa. Moitos eran, por entón, os cristiáns que eran capturados e vendidos como escravos aos musulmans de África, o que ocurriu ata que desapareceu a piratería. Os mercedarios cumpriron coa promesa feita e na súa historia constan, perfectamente documentadas, 344 redencións e máis de 80.000 redimidos.
Pedro Nolasco foi canonizado en 1628 y a súa festa celébrase o 6 de maio.

4/30/2008

Acueducto á vista

Dende o MJM fixemos moitas chamadas, ó longo do curso, ante o perigo dos despistes académicos que nos poden acarrear as festas, as vacacións, as excursións... ¡É tan doado despistarse, distraerse... e que difícil retomar o fío! Bueno, pois á vista un acueducto máis longo co de Segovia, e a volta da esquina, o final do curso, o verán...
Asi que, a deixarse de pensar en Madrid e olvidarse de Salou.Vamos a centrarnos no que resta de curso, que non é nada, pero significa moito. -Un último esforzo, no sprint final, pode salvar a carreira-Inténtao e pide axuda da Virxe
Sorte a todos no que resta de curso

4/23/2008

DÍA DO LIBRO

Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido un alma que perdoa; destruído, un corazón que chora.

Proverbio Hindú

FELICIDADES TAMÉN PARA OS XURXOS, JORGES E JORDIS NO SEU SANTO

4/16/2008

Excursión a Salou

Os alumnos de 3º e 4º van ir de excursión a Salou do 23 ó 30 de abril.
As actividades que van realizar son:
_Visita a Port Aventura.
_Visita ás distintas plaias de Salou
_Visita á cidade de Barcelona e ós principais monumentos.
Esperamos que o pasen moi ben e que disfruten moito.

4/10/2008

TEMPO DE ENSAIOS



PARA QUE A ACTUACIÓN DO DOMINGO SEXA UN ÉXITO É HORA DE ENSAIAR
DOMINGO 13 ÁS 12:00HRS NA IGREXA DE VILAZA

4/09/2008

Feliz aniversario

Queremos darlle as felicidades os seguintes alumnos do noso colexio que neste més cumplen anos:
_Carlos Barja Márquez 30/04
_Diego Couto Naveira 08/04
_Alexander Gómez Morgade 29/04
_Gonzalo Alonso Dosantos 18/04
_Pablo Estévez Alvarez 11/04
_Oscar Da Silva Lorenzo 27/04
_Pablo Martínez Boo 02/04

4/03/2008

M.L.K

O soño


Eu teño un sono que un día esta nación se elevará e vivirá o verdadeiro significado do seu credo, cremos que estas verdades son evidentes: que todos os homes son creados iguais.
Eu teño un sono que un día nas coloradas outeiros de Georgia os fillos dos ex escravos e os fillos dos ex propietarios de escravos serán capaces de sentar xuntos na mesa da irmandade.
Eu teño un sono que un día mesmo o estado de Mississippi, un estado deserto, sufocado pola calor da inxustiza e a opresión, será transformado nun oasis de liberdade e xustiza.
Eu teño un sono que os meus catro fillos pequenos vivirán un día nunha nación onde non serán xulgados pola cor da súa pel senón polo contido do seu carácter.
¡ Eu teño un sono hoxe!


Eu teño un sono que un día nas coloradas outeiros de Georgia os fillos dos ex escravos e os fillos dos ex propietarios de escravos serán capaces de sentar xuntos na mesa da irmandade

Eu teño un sono que un día, alá en Alabama, cos seus racistas desapiadados, cun gobernador os labios do cal gotean coas palabras da interposición e a anulación; un día alí mesmo en Alabama pequenos nenos negros e pequenas nenas negras serán capaces de unir as súas mans con pequenos nenos brancos e nenas brancas como irmáns e irmás.
¡ Eu teño un sono hoxe!
Eu teño un sono que un día cada val será exaltado, cada outeiro e montaña será baixada, os sitios escarpados serán aplanados e os sitios sinuosos serán endereitados, e que a gloria do Señor será revelada, e toda a carne a verá ao unísono.
Esta é a nosa esperanza. Esta é a fe coa que regresarei ao sur. Con esta fe seremos capaces de esculpir da montaña do desespero unha pedra de esperanza.
Con esta fe seremos capaces de transformar as discordancias da nosa nación nunha fermosa sinfonía de irmandade. Con esta fe seremos capaces de traballar xuntos, de rezar xuntos, de loitar xuntos, de ir a prisión xuntos, de loitar pola nosa liberdade xuntos, coa certeza de que un día seremos libres.
Este será o día, este será o día en que todos os nenos de Deus serán capaces de cantar cun novo significado: "O Meu país, doce terra de liberdade, sobre ti canto. Terra onde os meus pais morreron, terra do orgullo do peregrino, dende cada ladeira, deixe resoar a liberdade". E se Estados Unidos vai a converterse nunha gran nación, isto debe converterse en realidade.
Entón deixen resoar a liberdade dende os prodixiosos cumios de Nova Hampshire. Deixen resoar a liberdade dende as grandes montañas de Nova York. Deixe resoar a liberdade dende os Alleghenies de Pennsylvania! Deixe resoar a liberdade dende os picos nevados de Colorado. Deixen resoar a liberdade dende os curvados picos de California. Deixe resoar a liberdade dende as montañas de pedra de Georgia. Deixe resoar a liberdade da montaña Lookout de Tennessee. Deixen resoar a liberdade dende cada outeiro e cada toupeira de Mississippi, dende cada aba, deixe resoar a liberdade!
E cando isto aconteza, cando deixe resoar a liberdade, cando a deixemos resoar dende cada pobo e cada casarío, dende cada estado e cada cidade, seremos capaces de apresurar a chegada dese día cando todos os fillos de Deus, homes negros e homes brancos, xudeus e xentís, protestantes e católicos, serán capaces de unir as súas mans e cantar as palabras dun vello espiritual negro: "¡ Por fin somos libres! ¡ Por fin somos libres! Grazas a Deus todopoderoso, ¡ por fin somos libres "!

Martin Luther King Jr. (15 de xaneiro de 1929, Atlanta, Xeorxia - 4 de abril de 1968, Memphis, Tennessee) foi un pastor evanxélico e activista político estadounidense . Pertencente á Igrexa Batista, tornouse un dos máis importantes líderes activistas polos dereitos cívicos e do movemento negro nos Estados Unidos e no mundo, a través dunha campaña de non-violencia e de amor para co próximo. Recibeu o Premio Nobel da Paz en 1964.

Hoxe no 40 aniversario do seu asasinato, sirva esta pequena reseña, nunha pequena blog como recoñecemento, as súas ideas, o seu valor, e o seu exemplo

3/26/2008

Sprint final




Benvidos de novo ao colexio
Quedan atrás as vacacións de Semana Santa,que para algúns foron de pasión,polos malos resultados da segunda avaliación pero agora é Pascua e Resurrección,Pascua Florida... para todos ...
E todos estamos chamados a resurxir,aínda que sexa das cinzas e reanudar o curso,cheos de ledicia e esperanza.-Non hai ninguén condenado,polo de agora,sempre e cando empecemos desde hoxe a traballar en serio.-Vale a pena un derradeiro esforzo,para disfrutar logo dese verán,que tanto nos gusta a todos.
O que non loita nin se crece ante as dificultades,pouco pode facer nesta vida... e,menos na outra,que é culminación desta.-Os xóvenes por mirar cara atrás se non por ir de fronte,a conquista do futuro.

Ánimo,pois,e a dalo todo no sprint final.
!Que a Virxe os axude!


3/09/2008

LOS CHICOS DEL CORO

DOMINGO DE LÁZARO



GRANDE ESTREA





No medio de unha grande expectación e afluencia de fieis, vimos unha posta de largo expectacular do MJM Xente Nova de Verín, que ademáis de ir moi elegantes, demostraron que todos os días de esforzo e preparación mereceron a pena.
Foi unha actuación espectacular.



¡Noraboa a todos!

3/05/2008

¡Feliz cumpleanos!



XANEIRO:

día 6-Andrés González Besteiro
día 18-Sergio Dapoza López

FEBREIRO:

día 7-Héctor Rodríguez Salgado
día 7-Ramón Cendón García

MARZO
día 6- Alejandro Gallego Santamarina
día 13- Adrián García


O LÁZARO QUE VEN....


A Semana Santa está ahí, á volta da esquina. " Lázaro, Ramos e en pascua estamos", reza o dito popular.
DOMINGO DE LÁZARO. ¡Cantas resonancias en Verín!. Que o digan os avós....
Festa vida a menos, pero festa o fín e o cab, e o MJM-Xente Nova, está de estrea na
Misa de 12:30 e anima musicalmente a Litúrxia iniciando así unha nova etapa que lle dará continuidade ós derradeiros domingos de cada mes.

E, para que a Semana Santa non empece con resaca, o Luns e o Martes, CONVIVENCIAS cuaresmais. Volve o P.Santi desde Valladolid.
E....a colleita da 2ª Avaliación; se é boa, celébrao...se é mala, non te desanimes, aínda quedan posibilidades. En PASCUA florecen as ilusións

2/27/2008

Stop Cuaresmal


Avanza a Cuaresma, 3ª semana xa, e deberíamos preguntarnos se avanzamos nós ó ritmo que propuxeramos o Mércores de Cinsa. ¿Seguen en pé os compromisos contraídos?.- Se hai decaemento, se nos invita a repensar a nosa situación, e reemprender a marcha co paso firme e decidido.- Xa sabemos que a Xesús non lle gustan as cousas a medias. O que volve a vista atrás non é apto para o reino dos ceos. No Evanxeo non hai cabida para os cobrados. Só é boa noticia para os valentes e esforzados.
Así que, moito ánimo, e a prepararnos ben para a Pascua, que é a Festa da Resurreción da vida, do gozo e da alegría...
Dita preparación pasa por devoralos libros, abrazarse á orde e á disciplina, dedicar cada cousa ó seu tempo, valorar o silencio, a concentración, o sacrificio, a oración, o compañeirismo, o perdón... e axudar a Xesús a levar a cruz dos que sufren...
Pedímosllo á Virxe María coa Ave María...

ACTUACIÓN MUSICAL


O GRUPO XENTE NOVA, DO COLEXIO MERCEDARIO DE VERÍN PARTICIPARÁ NA EUCARISTÍA, DO DÍA 9 DE MARZO, ÁS 12:30 HRS.
¡ESTADES TODOS CONVIDADOS!

2/20/2008

MÁIS QUE AUGA


Os alumnos de terceiro de ESO foron a ver unha exposición sobre a auga, que ten como obxectivo poñer de relevo a importancia que ten a auga no medio e a súa necesidade para a vida de animais, plantas e seres humanos. Nela expoñíanse diversas fotos, sobre a relación dos seres vivos coa auga e a importancia do seu uso. Algunhas desas fotos trataban sobre a contaminación que os seres humanos exercen sobre a auga e o que hai que facer para evitalo.

Tirso


2/18/2008

2/07/2008

XA QUEDA MENOS

Xa queda un pouco menos, para un novo Entroido, para que volva a Festa, con maiúsculas, e un pouco menos tamén, para que o P. Elisardo se anime tamén a coller as chocas, este ano non se animou a sair da porta...quizais o próximo




ADEUS ENTROIDO

Pasou Santo Antón, pasou o Entroido e, en breve pasará o Lázaro...
Toda pasa, e todo queda, pero o noso é pasar, pasar facendo camiño....

Pero, ¿qué nos queda das festas que van pasando?, ¿ Soamente a RESACA?, Mal asunto se só hai desgaste...Se non fixemos camiños de amizade, de encontro, de realización persoal... se non renovamos ilusións e enerxías para frear o cansancio e a monotonía da vida ordinaria...
¡¡¡ Pobres festas se non cumpren estes obxectivos!!!
De calquera xeito, xa asoma no Hourizonte outra FESTA. A 2ª Avaliación. Pero esta supón un maior esforzo de preparación. Recórdanolo a Cuaresma, que estamos a escomenzar, e que nos chama á austeridade, ó sacrificio, á penitencia, ó traballo sen desmaio....
Así que mans á obra, desde este momento.
É un desexo do M.J.M, Faino teu e poderás botar foguetes a mediados de Marzo, coma anticipo da Festa de Fin de Curso.

1/30/2008

Xornada de paz




¨Despois de renunciar á espada non teño outra cousa que ofrecer ós meus contrarios que a copa do amor¨



Dende a Merced de Verín unímonos ós escolares do mundo que traballan pola paz, durante todo o ano, e cada día trinta de xaneiro simbolizan con actos especiais.

Os nosos alumnos deste ano concentrámonos así:

  • Proxección ¨Somos amigos¨

  • Conto ¨A paz perfecta¨
  • Acenos: Pataleo contra os violentos,momento de silencio polas vítimas do terrorismo e aplauso para os pacificadores.

  • Pai noso da paz

Cremos na paz de bombas de sorrisos,de campos de xirasois,de ríos limpos,de silos cheos de trigo... cremos na paz do alumno que co seu estudo e bo comportamento vive en paz consigo mesmo,cos seus compañeiros,profesores e familiares.

¡FELICES OS QUE TRABALLAN POR UNHA PAZ ASÍ!