12/11/2007

BO NADAL






MENSAXE DOS NENOS AOS PAIS EN NADAL
Non levamos os nenos palabras importantes; para dicir verdades que inundan os nosos peitos; non levamos os anos da vida na garganta sinxelamente non levamos o madeiro balorecido polos anos; nin as mans calosas do traballo de labranza.
Somos no mundo a bruma que se achega en distancia, e teñen os nosos ollos tan só pupilas de esperanza. Son os nosos brazos gallos non nacidos e teñen os nosos pasos tremores e medos ao camiño.
Sabemos que, indefensos,nos levan da man os nosos pais, sabemos que en inverno, arroupan os nosos corpos cos seus brazos quentes como o lume, e espantan o noso frío.
Temos aínda cuberta de inxenuidade a alma porque non hai sangue nos seus ollos, nin odio, nin vinganza; e teñen as nosas carnes aínda pulmón sen voo, e levan os nosos ollos mirada de lontananza.
Corremos polas rúas do pobo coñecidas; rompemos as lámpadas con tirafondas a pedradas; resgamos os vestidos trepando trepando polas árbores brunidas.
Mírannos os maiores. Suspiran morriñas e din, murmurando: ¡ Quen fose como eles! Os nenos sabémolo. Queren que no xogo nos miren os maiores, simulan que non miran, e deixen a nosa danza.
Levamos nos brazos pombas construídas, que son os vosos abrazos, e son as vosas miradas.
Temos co vento un pacto, que se chaman: Pacto de sangue, leva a esperanza.
Non levamos os nenos palabras importantes para dicir verdadeiros que inundan os nosos peitos. É verdade.
Pero somos estrelas que orientan as vosas naves que dan sucos ao vento e froito ás vosas vidas.
Queremos dar un bico ao ceo nos nosos pais, contarlles o oído segredos de animais: de lobos que nos falan de paz e non de guerra, de plantas que descobren segredos abismais, e abrirlles nos seus ollos as portas que xa un día tivesen sen ferrollos, abertas e sen chaves; e entrarlles polos mundos que nos falan de rosas sen espiñas de choros que non existen, e abrirlles o camiño de novas ilusións.
É verdade, os nenos non levan palabras importantes para dicir verdades que inundan os nosos peitos.

No hay comentarios: