1/30/2008

Xornada de paz




¨Despois de renunciar á espada non teño outra cousa que ofrecer ós meus contrarios que a copa do amor¨



Dende a Merced de Verín unímonos ós escolares do mundo que traballan pola paz, durante todo o ano, e cada día trinta de xaneiro simbolizan con actos especiais.

Os nosos alumnos deste ano concentrámonos así:

  • Proxección ¨Somos amigos¨

  • Conto ¨A paz perfecta¨
  • Acenos: Pataleo contra os violentos,momento de silencio polas vítimas do terrorismo e aplauso para os pacificadores.

  • Pai noso da paz

Cremos na paz de bombas de sorrisos,de campos de xirasois,de ríos limpos,de silos cheos de trigo... cremos na paz do alumno que co seu estudo e bo comportamento vive en paz consigo mesmo,cos seus compañeiros,profesores e familiares.

¡FELICES OS QUE TRABALLAN POR UNHA PAZ ASÍ!




No hay comentarios: