3/25/2009

DE CAMIÑO CARA A PASCUA

Avanza o curso, avanza a cuaresma... O próximo fin de semana: San Lázaro. E xa se sabe: "Lázaro, Ramos, en Pascuas estamos". Sen tempo para o aburrimento nin para a distracción académica. Máis ben, tempo para o sacrificio, o esforzo, a reflexión, a mirada cara a Cruz de Xesús, camiño do calvario, pero con vistas á Resurrección, á Pascua florida. Queda atrás o inverno, pero non hai flores nin froitos sen poda nin caída de follas. Como tampouco hai boas notas sen apertar os codos.

Dende a óptica cristiá non hai tempo mellor que a Cuaresma para volver sobre nós mesmos, encontrámonos con Deus e cos demáis, e recuperar o tempo perdido. ¿Non che entusiasma camiñar de prisa cara a Pascua Florida, sen olvidar que estamos en Cuaresma, a pesar dos días de primaveira que estamos vivindo?-Apura, que o tempo apremia e a 2ª Evaluación non espera.

No hay comentarios: