12/21/2010

Panxoliñas De Nadal

Os alumnos deste colexio estiveron a traballar durante este trimestre na recompilación de panxoliñas en galego. A continuación publicamos as seguintes:


Imos todos contentiños,
imos todos para Belén,
a mirar aquel rapaciño,
acabiño de nacer.

Que neniño tan fermoso
que destapadiño está,
non se nota nel o frío,
só a súa divinidade.

Todos xuntos no portal,
dámoslle calor ó neno,
ofrecéndolle agarimo,
neste día do Nadal.

“VINDE VER O NENO”

Vinde ver o neno
que está despidiño
e acurrucadiño
ao pé dos seus pais.

E máncano as pallas
nas que está deitado
e o noso pecado
índa o manca máis.

O meniñó pequeniño
entre unhas pallas se ve,
como o neno e tan pequeno
aínda no se ten de pé.

Ai que neno, ai que neniño,
ai que ganiñas me dan,
de comerle a cara a bicos,
de gordo e brando que está.

CON UN SOMBREIRO DE PALLA

Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentres adoraba o neno,
comeulle o sobreiro o boi.

Deixade os pastores,
deixádeos pasar
que van cantar ó Neno Xesús,
no portal.

Nunhas pallas deitadiño,
e en coiriños aí está,
sendo o dono deste mundo,
o Señor de canto hai!




I

Polas silveiras
alegremente cantan os paxariños
anunciando a todos
con grande primor
que naceu o neno
por excelencia
máis bonitiño
e ven a ser fillo
do noso señor.

El o pobriño chorando está
ninguén corre
para o quentar,
só un boiciño
co bocexar quentaba
o neno o seu descansar.

As ovelliñas
pacendo pola beira
do regueiro balan
porque nacera
o noso deus verdeiro.




                  II
Teño unha pitiña, teño,
con doce pitos tamén,
para regalarlle á Virxe
que está parida en Belén.

Falaime ben baixo,
petaime pouquiño,
para que non esperte
o noso neniño,
que está durmidiño.
    
            




   III

Vide, adoremos, con canto alegre,
vinde ao pobiño de Belén.
hoxe naceu o rei dos ánxeles.

Vide e adoremos, vide e adoremos,
vide e adormemos a Xesús Cristo.
cantádelle loores, coros celestiais,
resoe o eco anxelical.

Gloria cantemos ao Deus do ceo,
vide e adoremos,
vide e adoremos a Xesús Cristo.

Señor, nós gozamos no teu nacemento,
oh Cristo, a ti a gloria será,
xa na carne, verbo do Pai.
vide e adoremos
vide e adoremos
vide e adoremos a Xesús Cristo.



                   IV
Nun pendello de xunto o camiño
polas doce da noite naceu
un neniño pequeniño
que parece do ceo caer.
Tamén eu lle hei de levar no mantelo,
aínda  que a min boa falta me fai
un añiño moi gordiño,
para que lle faga os caldos a nai.


         V
Camiñando camiño lixeiro
non me canso de camiñar
que me espera Xosé e Maria
cun neno no portal.

No hay comentarios: