2/21/2011

VISITA Ó CENTRO DO CONSELLEIRO

Xesús Vázquez Abad visita os CEIPs e IES do concello de Verín nos que a Consellería vén de investir máis de 455.000 euros
Durante a súa visita o conselleiro anunciou que se farán obras de melora no IES Xesús Taboada Chivite e no CEIP Princesa de España
O titular de Educación da Xunta, acompañado pola xefa territorial de Educación na provincia, Marisol Díaz Mouteira, estivo nos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España, así como nos IES Xesús Taboada Chivite, García- Barbón e Castro de Baronceli, e os colexios María Inmaculada e o dos Pais Mercedarios, todos eles no mesmo concello

No hay comentarios: